Iria FlaviaPadrón
Mércores 9 de xuño 19:00
Museo Camilo José Cela
Entrada de balde ata completar aforo
O ApostoloAnimación
España (2012) / Fernando Cortizo / 72 min
Un preso recentemente fuxido do cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía. Primeira produción de stop- motion con plastilina feita en España. Conta coas voces de Luís Tosar, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Jorge Sanz e Paul Naschy entre outros.
- 2012: Premios Goya: Nomeada a Mellor película de animación.
- 2012: Festival de Sitges: Nomeada a Mellor película de animación.
- 2013: Festival de Annecy: Premio do Público.
Lúa VilaPoetisa
Lúa Vila nace en Pontedeume o 25 de abril de 1991. A súa andaina polas letras comeza dende ben pequena, cando súa avoa lle agasalla un diario no que poder escribir todolos pensamentos que voan na súa cabeza. É unha apaixoada das letras e do arte, e iniciase na poesía tendo como referentes claros a Celso Emilio Ferreiro e a poesía de posguerra. Actualmente, compaxina os seus versos coa carreira de Historia do Arte. Participa activamente en proxectos e certames poéticos, cun estilo propio onde pon en manifesto a necesidade de cuestionar o imposto e o asumido e facelo loita. Na súa páxina de Instagram @todatoxo publica de maneira asidua algún poema con debuxos sinxelos, tamén, da súa man. Ela se define como unha poeta feminista, cun discurso orientado á súa xeración e consciente do papel subversivo que quere mostrar coa súa voz. Como derradeiro recoñecemento poético, foi a gañadora do II certame de poesía do Concello de Cabanas, que se celebrou con motivo das Letras Galegas este mesmo ano, na categoría adulta.